Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de limpeza e lavandería da Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a aduxidicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 8/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: limpeza e lavandería da Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia, do 24-3-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.100.000 ptas., co IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 29-4-1998.

b) Contratista: Maconsi, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 5.830.408 ptas., co IVE incluído.

Ourense, 24 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Isidro José Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense

6410