Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995 do 18 de maio, esta delegación acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos de obras que se relacionan:

1. Forma de adxudicación: tódolos contratos que se relacionan a continuación foron adxudicados por poxa aberta, ó abeiro do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

1.1. Obxecto do contrato: ampliación para aulas de tecnoloxía e música no I.E.S. Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.

Contratista: Construcciones Josybem, S.L.

Importe de adxudicación: 24.682.243 pesetas.

Data de adxudicación: 9 de xuño 1998.

1.2. Obxecto do contrato: reparacións xerais no CEIP de Pontecarreira-Frades.

Contratista: Construcciones Tarrío, S.L.

Importe de adxudicación: 25.718.740 pesetas.

Data de adxudicación: 23 xuño 1998.

A Coruña, 29 de xuño de 1998.

Alberto González Armesto

Delegado Provincial da Coruña

4092