Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 310/1998).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, sobre autorización das instalacións eléctricas así como recoñecemento da instalción acollida ó réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 decembro, sobre producción de enerxía eléctrica polas instalacións hidráulicas, de coxeración e abastecidas polos recursos ou fontes de enerxía renovables. Sométese a información pública a solicitude da empresa Termolisis Somozas, S.A. con enderezo social nas Somozas, parcela A, (As Somozas) A Coruña, para autorización administrativa das instalacións que seguen:

Planta de tratamento e valoracion enerxética de neumáticos usados, residuos de fragmentadora de vehículos e outros residuos afíns, con central térmica xeradora de enerxía eléctrica mediante o sistema de ciclo combinado composto por una turbina de vapor a contrapresión e extracción lateral cunha potencia instalada de 10,6 MW (6,8 MW en la turbina de gas e 3,8 MW na turbina de vapor).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de servicios multiples, Monelos 15071 A Coruña.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5196