Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de xuño de 1998, da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren descoñecidos os seus domicilios, expediente de desafiuzamento por non ocupación que se cita (expediente 67/1998).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento da VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo

coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 24 de xuño de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento non ocupación: 67/1998.

Adxudicatario: Joaquín Pereiro Anido e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Avda. 19 de febreiro, bloque 4, portal 3, baixo, Esqda., Ferrol (C-79, conta 42).

6408