Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.267

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (107/1997-11).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos desta cidade e o seu partido, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 107/1997, sobre estafa, nos cales recaeu sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte,

«Sentencia.-Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 107/1997, seguidos neste xulgado sobre estafa, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, as denunciantes Paula Pesqueira Fontán, Marta Jiménez González e María Jesús Suárez Fuentes, e os denunciados Juan Carlos Montoto Areán, José Ferreiro Nalgo, David Sánchez Sánchez e Tomás Silva García,

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Juan Carlos Montoto Areán, José Ferreiro Nalga, David Sánchez Sánchez e Tomás Silva García da falta de estafa pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte

ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lles sirva de notificación ós denunciados José Ferreiro Nalga e David Sánchez Sánchez, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

6579