Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.267

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (172/1997-09).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos desta cidade e o seu partido, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 172/1997, con data do 27 de marzo de 1998 se dictou sentencia que ten o encabezamento e resolución do teor literal que segue:

En Santiago de Compostela, o vintesete de marzo de mil novecentos noventa e oito, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 172/1997, seguidos neste xulgado sobre cir

culación con vehículo de motor carecendo de seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciada María Teresa Nieto Núñez. (Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito).

Decido que debo absolver e absolvo libremente a María Teresa Nieto Núñez da falta do artigo 636 do Código Penal pola que fora denunciada, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e lle sirva de notificación en forma á denunciada María Teresa Nieto Núñez, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, vintedous de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6428