Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.267

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (249/1993).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo número 249/1993, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco Central Hispanoamericano e demandado José María Ferreiro Yáñez e María Consuelo Regueiro Sánchez, sendo a contía do asunto a de 3.006.318 pesetas de principal, máis 2.500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas. Notificándolle a mellora do embargo dos seguintes bens:

1. Rústico: piñeiral de nome Pedrouso, no sitio de Menduíña-Aldán, no municipio de Cangas. Superficie: 6 áreas e 10 centiáreas. Linda: norte, con Isolina Vidal Herbello e María Dolores Piñeiro; sur, con Daniel Gómez; leste, camiño e oeste, valado e Luis Bolívar. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, no tomo 918, libro 99, folio 47, predio 9677.

2. Rústico: piñeiral de nome Pedrouso, no sitio de Menduíña-Aldán, no municipio de Cangas. Superficie: 2 áreas e 20 centiáreas. Linda: norte, con Benjamín Moreira López; sur, con Aurora Gago Vidal; leste, camiño e oeste, Isolina Vidal Herbello. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, no tomo 918, libro 99, folio 45, predio nº 9676.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados José María Ferreiro Yáñez e María Consuelo Regueiro Sánchez expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1998.

A secretaria

Rubricado

6322