Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.266

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (5/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 5/1998 se segue xuízo de faltas sobre insultos e ameazas no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

Sentencia en Santiago de Compostela o vinte de maio de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 5/1998, seguidos por insultos e ameazas, sendo parte denunciante Mª del Carmen Piñeiro Rodríguez, maior de idade; aparece como parte denunciada Manuel Cores Rodríguez, maior de idade; o Ministerio Fiscal non se mostrou parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Cores Rodríguez, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para lle que sirva de notificación en forma á denunciante Mª del Carmen Piñeiro Rodríguez en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

6442