Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.259

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de xuño de 1998 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por Orde do 19 de marzo de 1997.

Por Orde do 16 de decembro de 1997 (DOG do 8 de xaneiro de 1998) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 19 de marzo de 1997.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.- Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 19 de marzo de 1997 os opositores relacionados nos anexos II e III da Orde do 11 de agosto de 1997 (DOG do 22) pola que se facía pública a lista dos opositores que superaon o devandito proceso selectivo.

Segundo.- Quedan exceptuados do aprobado da fase de prácticas os opositores relacionados nos anexos I, II e III desta orde, os primeiros por teren aprazamento da fase de prácticas, os segundos por teren superados os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de abril de 1992 e os terceiros por estaren excluídos do procedemento selectivo.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Apelidos e nome: García Fernández, Manuel Ángel.

DNI: 34977123

Disciplina: francés.

Apelidos e nome: Rey Rodríguez, José Ramón.

DNI: 36087000

Disciplina: educación física.

ANEXO II

Apelidos e nome: Sánchez Vicente, Mª Jesús.

DNI: 33858277.

Disciplina: francés.

Apelidos e nome: Dacosta López, Henrique.

DNI: 32641839

Disciplina: lingua e literatura galegas.

ANEXO III

Apelidos e nome: Núñez González, José C.

DNI: 35320030.

Disciplina: Cociña e pastelería.

6503