Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra en Vigo, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de Empresas Consignatarias de Buques de la Provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron deposirados, ás 10 hora do día 22 de xuño de 1998, a acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de Empresas Consignatarias de Buques de la Provincia de Pontevedra, e a súa modificación consiste no cambio de denominación pasando a chamarse Asociación de Empresas Consignatarias y Estibadoras de Buques de la provincia de Pontevedra, entre outras modificacións, e que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: actividades marítimas, portuarias ou afíns.

Asinan a acta de constitución: Benjamín de Francisco Martínez e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examindos por calquera persoa interesada.

Vigo, vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra en Vigo

6495