Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra en Vigo, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior, que abarcan os seguinte ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: asociación de empresarios.

Asinan a acta de constitución: Elisa Graña Reguera e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra en Vigo

6432