Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.249

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de xullo de 1998 pola que se lles dá publicidade ás cualificacións correspondentes ás unidades administrativas da Xunta de Galicia incluídas na primeira fase do Programa de Avaliación do Rendemento.

Unha vez completado o proceso de avaliación do rendemento do exercicio 1996 das unidades administrativas incluídas pola Comisión Central de Racionalización Administrativa na primeira fase do programa e celebradas as sesións das comisións de avaliación conforme o disposto no artigo 63 bis da Lei da función pública de Galicia, na modificiación realizada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, no Decreto 115/1997, do 2 de maio (DOG nº 94, do 19 de maio) de desenvolvemento e na Orde do 19 de decembro de 1997 da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 249, do 26 de decembro), cómpre facer públicas as cualificacións das unidades avaliadas.

Polo exposto e conforme a disposición derradeira segunda do Decreto 115/1997 citado,

DISPOÑO:

Primeiro.-Darlle publicidade á cualificación outorgada polas comisións de avaliación ás unidades administrativas da Xunta de Galicia incluídas no anexo e avaliadas na primeira fase do Programa de Avaliación do Rendemento con referencia á xestión do exercicio 1996.

No citado anexo non se inclúen aquelas unidades administrativas ás que as comisións de avaliación non lles outorgaron cualificación por razóns organizativas ou de carácter funcional.

Segundo.-De acordo co establecido no artigo 8 e disposición transitoria primeira do Decreto 115/1997, do 2 de maio, os resultados das avaliacións que se publican na presente orde unicamente poderán ter como efecto a formulación de propostas de modificacións organizativas ou de funcionamento das unidades segundo as recomendacións formuladas polas comisións de avaliación.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6431