Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.260

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xullo de 1998 pola que se trasladan ensinanzas de formación profesional e se adscribe con carácter definitivo ó profesorado que se relaciona.

No marco dunha adecuada planificación da formación profesional e tendo en conta a proposta realizada pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense e o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, resulta conveniente efectuar un traslado das ensinanzas correspondentes á rama de automoción que se están a impartir no IES A Carballeira de Ourense, ó IES nº 1 de Ourense.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.- Trasládanse as ensinanzas da rama de automoción do IES A Carballeira de Ourense, ó IES nº 1 de Ourense.

Segundo.- Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que se relacionan no anexo quedan adscritos definitivamente ó IES nº 1 de Ourense.

Terceiro.- A adscrición á que se refire esta orde non suporá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lle corresponden e os servicios para efectos de permanencia ininterrompida no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Cuarto.- A efectividade desta orde será para o curso académico 1998-1999.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Nome: Fernández Fernández, Ángel.

DNI: 34.568.697.

Especialidade: organización e proceso de mantemento de vehículos.

Nome: Prieto Casares, José Ramón.

DNI: 34.522.580

Especialidade: organización e proceso de mantemento de vehículos.

Nome: González Fernández, Manuel.

DNI: 76.697.505.

Especialidade: mantemento de vehículos.

Nome: Rincón Feijóo, Venancio.

DNI: 34.563.517.

Especialidade: mantemento de vehículos.

Nome: Rodríguez García, José.

DNI: 34.521.046.

Especialidade: mantemento de vehículos.

Nome: Rodríguez Sierra, Leopoldo.

DNI: 34.600.266.

Especialidade: mantemento de vehículos.

6598