Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación urxente para a contratación de asistencia técnica para a redacción dos plans de utilización dos espacios portuarios de diversos portos competencia de Portos de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 125, con data do 1 de xullo de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

1. Na páxina 7.469, columna da esquerda, liña 28, onde di: «a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría B», debe dicir: «a) Clasificación: non se esixe.».

2. Na páxina 7.469, columna da esquerda, liña 29, onde di: «b) Outros requisitos:», debe dicir: «b) Outros requisitos: a solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.».

«A xustificación da solvencia técnica ou profesional xustificarase polos medios seguintes:»

«-Copias autenticadas das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal da dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.».

«-Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.».

«Non obstante, se o licitador posúe clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría B, quedará eximido da presentación dos documentos ós que se refiren os parágrafos anteriores.».

6792