Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: Praza da Constitución 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T.S. 20 kV, R.B.T. e C.T. de 630 kVA en Cordeiro.
Situación: Fisterra.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 430 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV 240 mm Al, que parte da L.M.T. faro Fisterra e remate no C.T. Cordeiro, tipo prefabricado de 630 kVA a 20 kV-B2 e acoplamento a R.B.T. existente. Concello de Fisterra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 11 de xuño de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
6931