Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/224-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S. en Fenlla.

Situación: Cée.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 10 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV 240 mm Al, que parte da L.M.T. Pontella-hospital (expediente 364/1997) e remate no C.T. que se vai construír en Fenlla tipo prefabricado de 400 kVA a 20 kV-B2. Concello de Cee.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6086