Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/223-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lexas.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 7 m de lonxitude en conductor tipo LA-56 que parte da L.M.T. Allo-Vimianzo e remate no C.T. que se vai construír, tipo aéreo de 100 kVA, no lugar de Lexas. Concello de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6086