Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ANUNCIO de exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos para varias prazas de persoal laboral fixo neste ente público.

Por resolucións do 24 e 29 de setembro de 1997 e do 1 de outubro de 1997, fíxose pública a convocatoria das probas para a contratación como persoal laboral fixo de varias prazas no ente público Portos de Galicia, en concreto: unha praza de xefatura do Departamento de Xestión Económica e Orzamentaria, unha praza de xefatura de Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa e unha praza de xefatura de Departamento de Contabilidade e Tesourería.

En cumprimento do disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, ó amparo da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e segundo o acordo de delegación do Consello de Administración do 23-7-1997, faise pública a relación definitiva de admitidos e excluídos nas mencionadas convocatorias.

Estas listas estarán expostas xunto coa resolución que determina a composición da comisión de selección no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia, en Área Central/Polígono das Fontiñas, praza de Europa, 5-A, 6º B, Santiago de Compostela, e nos taboleiros de anuncios da zona norte (r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 1º Lugo), zona centro (Avda. Alférez Provisional, nº 1, 1º dta., A Coruña), e zona sur (r/ Benito Corbal, 37, 3º, Pontevedra) de Portos de Galicia.

A proba teórico-práctica terá lugar o día 28 de xullo ás 9 horas, na Escola Galega de Administración Pública no Polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela.

Os sucesivos anuncios relativos a estas probas, así como o lugar e data de realización das entrevistas persoais publicaranse nos taboleiros de anuncios antes mencionados.

Santiago de Compostela, 10 xullo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

6793