Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/200-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pumadiño-Vilariño.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.285 m de lonxitude, con orixe no C.T. Pumadiño (expediente 31916) e discorrendo polos lugares de Pumadiño, a Canliña, Casas e Vilariño de 150 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ouxo e discorrendo polo lugar. A Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6078