Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/203-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I. e R.B.T.A. Groba de Abaixo.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. aéreo a 15/20 kV de 7 m de lonxitude en LA-56, que parte de la L.M.T. a C.T. Monteagudo e remate no C.T. que se vai construír de 50 kVA tipo aéreo no lugar de Groba, R.B.T. de 615 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6074