Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Montserrat, 13.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor 2R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 15 m de lonxitude, con orixe na liña nº 5 subestación Erís, tramo urbanización Regueira-Montserrat e remate no C.T. Montserrat, 13 que se vai instalar. Centro de transformación en edificio vivendas, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en r/ Montserrat, 13. A Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de xuño de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
6080