Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación da obra de construcción de nichos no cemiterio municipal de Botos, para tal efecto aprobou o correspondente orzamento e prego de cláusulas administrativas, que se expón xunto coa presente e polo prazo de oito días desde a publicación deste anuncio, con suspensión da licitacion en caso de producirse reclamacións, e ordenou anunciar poxa:

Obxecto: a obra arriba indicada.

Orzamento: 14.490.773 pesetas.

Duración do contrato: tres meses.

Modalidade de adxudicación: poxa, procedemento aberto.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantías: a fianza provisional será do 2% do tipo de licitación (que se xuntará directamente co sobre A) e a definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres, e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse na secretaría xeral do concello dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no DOG, de nove a catorce horas, e na forma establecida no prego de condicións.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás trece horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para o suposto de que a apertura coin

cidise en sábado, trasladarase esta ó seguinte día hábil.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 22 de xuño de 1998.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental

6338