Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Meis, en sesión do 26 de xuño de 1998, aprobou os pregos de condicións xurídicas e económicas que rexerán as contratacións, por concurso procedemento aberto, das seguintes obras:

Número de expediente: 1/1998.

Denominación: acceso a núcleos, do Fondo de Cooperación coas Entidades Locais/1998. Programa Piel.

Tipo de licitación: 11.255.062 pesetas.

Número de expediente: 2/1998.

Denominación: camiño de acceso a Couso e outros, do Plan Principal de Cooperación/1998.

Tipo de licitación: 7.753.196 pesetas.

Quedan expostos ó público durante oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, con obxecto de que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación adiarase no caso de se presentaren reclamacións contra os pregos de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: descritos no parágrafo anterior.

b) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

c) Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

d) Prazo de execución:

Expediente 1/1998: seis meses.

Expediente 2/1998: seis meses.

e) Obtención de documentación e información: o modelo de proposición, os pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais tódolos días hábiles de 9 a 14 horas.

f) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello, de 9 a 14 horas, conforme se establece no prego de condicións de cada obra, no prazo de

vinteseis días naturais á partir do seguinte á última publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

g) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico. Obras de natureza análoga.

h) Apertura de proposicións: o sobre B abrirase no salón de sesións do concello, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das propostas.

Meis, 29 de xuño de 1998.

Jorge Casal Pintos

Alcalde

6340