Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA

ACORDO do 24 de xuño de 1998 polo que se anuncia concurso, polo trámite de urxencia da obra captación, depósito e abastecemento en Parada Seca, incluída no fondo de cooperación coas entidades locais 1998, programa PIEL.

Tipo de licitación: 14.490.996 ptas.

Fianzas: provisional: 289.820 ptas, equivalente ó 2% do orzamento.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

Plicas: durante trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: terá lugar pola mesa de contratación ás 13 horas do día seguinte hábil (excepto sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións.

Información: secretaría do concello das 9 ás 14 horas, teléfono 988 33 40 00 e fax 988 33 40 56.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Chandrexa de Queixa, a 24 de xuño de 1998.

Francisco Rodríguez Rodríguez.

Alcalde

6216