Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1998, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 2DP/98 que ten por obxecto a adquisición de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga, nº 3.

c) Número de expediente: 2DP/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material de incontinencia urinaria.

Lote 1: empapador reutilizable de cama con faldóns.

Lote 2: empapador absorbente de cama 60x90.

Lote 3: absorbente incontinencia anatómico día.

Lote 4: absorbente incontinencia anatómico supernoite.

Lote 5: absorbente inc. con elásticos t. medio e t. grande.

Lote 6: absorbente inc. con elásticos t. pequeño.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 77, do 31 de marzo de 1998 e no DOG nº 57, do 25 de marzo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 86.997.000 ptas. (IVE incluído) (oitenta e seis millóns novecentas noventa e sete mil pesetas).

5. Adxudicacións:

a) Data: 3 de xuño de 1998.

b) Contratistas:

Lote 1: Laitex, S.L.

Polígono Industrial, nº 10.

20160 Lasarte, Guipúscoa.

Lote 2 e 6: Indas, S.A.

Camino de las Huertas, .2

28223 Pozuelo (Madrid).

Lote 3 e 4: Mölnlycke, S.A.

Estrada N II, Km. 27,500.

Alcalá de Henares (Madrid).

Lote 5: Id Médica España, S.A.

Plaza Tirant lo Blanc, 3, 6º, 1ª.

08005 Barcelona.

c) Nacionalidade:

d) Importe da adxudicación: 78.149.390 ptas.

Lote 1: 15.288.390 ptas.

Lote 4: 19.260.000 ptas.

Lote 2: 5.698.000 ptas.

Lote 5: 28.569.000 ptas.

Lote 3: 8.346.000 ptas.

Lote 6: 988.000 ptas.

A Coruña, 16 de xuño de 1998.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

6375