Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1998, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 3CCP/98 que ten por obxecto a adquisición de equipos de administración de fluídos.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga, nº 3.

c) Número de expediente: 3CCP/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipos de administración de fluídos.

Lote 1: equipo de goteo dosificador 150 ml (microgoteiro).

Lote 2: equipo de goteo estándar.

Lote 3: dosificador de precisión.

Lote 4: equipo de goteo sen toma de aire.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 70, do 23 de marzo de 1998 e no DOG nº 55, do 23 de marzo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 64.478.178 ptas. (IVE incluído) (sesenta e catro millóns catrocentas setenta e oito mil cento setenta e oito pesetas).

5. Adxudicacións:

a) Data: 12 de xuño de 1998.

b) Contratistas:

Lote 1: Laboratorios Abbot, S.A.

R/ Josefa Valcárcel, 48.

28027 Madrid .

Lote 2 e 4: Sendal, S.A.

Estrada Madrid-Cáceres, s/n.

10350 Alamaraz (Cáceres).

Lote 3: Izasa, S.A.

r/ Aragón, 90.

Barcelona.

c) Nacionalidade:

d) Importe da adxudicación: 63.099.090 ptas.

Lote 1: 7.126.200 ptas.

Lote 2: 44.645.250 ptas.

Lote 3: 11.058.000 ptas.

Lote 4: 269.640 ptas.

A Coruña, 16 de xuño de 1998.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

6770