Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia contrato de asistencia, polo procedemento negociado, para a prestación dun asesoramento técnico no que se refire á adaptación da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, ó seguimento das xestións realizadas polos colexios de avogados e procuradores, á execución das novas penas establecidas polo Código Penal e á elaboración da información que poida interesar ós candidatos a xurados.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

a) Organismo: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 46 42. Fax: 981 54 46 96.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica, mediante expediente anticipado de gasto.

b) Descrición do obxecto: asesoramento no relativo á adaptación da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, ó seguimento das xestións realizadas polos colexios de avogados e procuradores, á execución das novas penas establecidas no Código Penal e á elaboración da información que lles poida interesar ós candidatos a xurados.

3. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 3.173.254 ptas. (IVE incluído).

Aplicación orzamentaria: 13.02.123A.227.06.

4. Prazo de execución do contrato.

Desde a data da súa sinatura ata o trinta e un de decembro de 1998.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6. Requisitos do contratista.

Licenciado en dereito, pertencente a un colexio profesional que o capacite para o exercicio da avogacía no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

7. Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771, Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ós catorce (14) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fora sábado ou inhábil; nese caso prorrogarase o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en dous sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato de conformidade co establecido na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modelo de proposición.

O que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán consultalos na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771, Santiago de Compostela.

11. Apertura das proposicións.

Terá lugar, en acto público, na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remata o prazo de presentación de proposicións.

12. Solvencia económica-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante tres meses desde a data da apertura das proposicións.

14. Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 16-12-1997)

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

6374