Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Editoriais de Xornais e Revistas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta direcció xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Editoriais de Xornais e Revistas.

Poderán ser membros da devandita asociación todas aquelas editoriais galegas que teñan unha publicación en lingua galega cunha antigüidade de alomenos dous anos, que publiquen con regularidade e sexan editadas en Galicia.

Asinan a acta de constitución Jorge Sobrino Morán e José Ángel Blanco Núñez, presidente e secretario, respectivamente, da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

En Santiago de Compostela, sendo as 00 horas do día 5 de xuño de 1998, reúnense os señores relacionados á marxe, co presidente Jorge Sobrino Morán, con DNI 36.015.898, domiciliado en Urb. San Saduniño, rúa B nº 21, Teo (A Coruña), actuando como secretario José Ángel Blanco Núñez, con DNI 32.780.295, con domicilio en rúa Fontán nº 59 baixo B, Sada (A Coruña), e adoptan os seguintes acordos:

1º. Constituír formalmente a Asociación Galega de Ediatoriais de Xornais e Revistas que terá como fin o fomento do galego nas publicacións das editoriais asociadas, a defensa dos intereses profesionais destas empresas e a realización de actividades relacionadas co xornalismo en tódalas súas facetas, ben por si mesma ou en colaboración con outras entidades.

2º. Presenta-los estatutos e maila presente acta de constitución diante da autoridade competente co obxecto de proceder á legalización da devandita Asociación Galega de Editoriais de Xornais e Revistas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

Visto e prace

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

Asinan:

Ricardo Docobo Durantez.

Jose A. Blanco Núñez.

Jorge Sobrino Morán.

Emilio Blanco Rodríguez.

Daniel Soto Rodrigo.

Estatuto da Asociación Galega de Editoriais

de Xornais e Revistas

Artigo 1º.-A Asociación Galega de Editoriais de Xornais e Revistas, de aquí en adiante Agexre, ten por fin a defensa da lingua galega e dos intereses profesionais dos seus membros, ademais da organización de actividades relacionadas coa edición de xornais e revistas en tódalas súasfacetas.

Artigo 2º.-Porderán ser membros de pleno dereito da asociación todas aquelas editoriais que teñan unha publicación en lingua galega cunha antigüidade de alomenos dous anos e que publiquen con regularidade. Editadas en Galicia.

2.1. Cada empresa editora poderá ter 2 (dous) membros que a presenten, como máximo, na asociación.

Artigo 3º.-A pertenza á asociación non será incompatible coa afiliación a outras entidades profesionais.

Artigo 4º.-O ingreso na asociación estará determinado polo dictame dunha comisión de admisión e exime interior, a cal estará formada por 5 (cinco) socios fundadores elixidos pola xunta xeral. Considéranse socios fundadores aqueles que ingresen na asociación antes do día 1 de setembro de 1998. os dictames desta comisión serán sometidos á xunta xeral.

4.1. A devandita comisión analizará as solicitudes de ingreso e encargarse de redactar un regulamento de réxime interior, o cal deberá ser presentado diante da xunta xeral da asociación no prazo de 3 (tres) meses desde a súa constitución.

4.2. No caso de que a comisión de admisión e réxime interior rexeite un ingreso, o solicitante poderá somete-lo seu caso á aprobación da xunta xeral, logo de solicitude (por escrito) á xunta directiva, que ten a obriga de presentala diante da xunta xeral na primeira xuntanza que celebre. Este órgano deberá determina-los ingresos por maioría simple.

Artigo 5º.-Os membros da asociación contribuirán ó seu mantemento memdiante o aboamento mensual dunha cota que será fixada pola xunta xeral. A asociación poderá financiarse tamén a través das subvencións ou axudas que reciba das institucións oficiais e privadas.

Artigo 6º.-A xunta xeral será o órgano máximo de decisión da asociación e estará formada pola totalidade dos socios, que poderán intervir nas sesións con voz e voto. Os acordos serán adoptados por maioría simple.

6.1. A xunta xeral será a encargada de aproba-los estatutos da asociación, así como das posibles modificacións a eles que se puidesen producir e que deberán ser propostas alomenos por un tercio dos socios.

6.2. Será misión da xunta xeral a aprobación dos orzamentos anuais da asociación, ademais da supervisión da actividade económica dela. Calquera socio pode requirir información sobre o estado económico da asociación en calquera momento. A xunta directiva ten a obriga de presenta-lo balance de contas na xunta xeral ordinaria.

6.3. A xunta xeral será o únnico órgano con competencias para a disposición e alleamento de bens que figuren como propiedade da asociación.

6.4. A xunta xeral celebrará unha xuntanza en sesión ordinaria unha vez ó ano, e poderá ser convocada de xeito extraordinario sempre que o solicite a terceira parte dos socios.

6.5. A disolución da asociación deberá ser aprobada por decisión da maioría absoluta dos membros da xunta xeral.

Artigo 7º.-A xunta directiva será o órgano responsable da dirección da actividade da asociación e de representala diante das entidades públicas e pri

vadas por delegación da xunta xeral, que elixirá os seus membros nunha sesión plenaria, mediante sufraxio libre e secreto. Os acordos da xunta directiva serán adoptados por maioría simple.

7.1. A xunta directiva estará integrada polo presidente, o secretario, o tesoureiro e dous (2) vocais. Estes cargos terán unha vixencia de dous (2) anos dende a súa elección.

7.2. A xunta directiva reunirase alomenos unha vez ó trimestre e será a encargada de convoca-las sesións da xunta xeral, ademais de vixiar polo cumprimento dos estatutos.

7.3. O presidente desempeñará a representación da asociación en toda clase de asuntos administrativos, xudiciais e económicos, sendo tamén o encargado de presidi-las sesión da xunta xeral. No caso de indispoñibilidade temporal para o cargo será substituído polo secretario.

7.4. O secretario redactará a acta das reunións da xunta xeral e da xunta directiva, nas cales establecerá a orde do día. Responsabilizarase tamén do Rexistro de Membros da Asociación.

7.5. O tesoureiro actuará como interventor dos fondos da asociación e deberá dispoñer dos xustificantes de pagamento que estean autorizados polo presidente. Tamén será o responsable do cobramento das cotas mensuais e da súa custodia, xunto co resto dos membros da xunta directiva.

7.6. Os vocais colaborarán nas tarefas da xunta directiva como axiliares do resto dos seus compañeiros. No caso de indisposición ou ausencia temporal dalgún deles, os vocais poderán substituílos, a non ser que a xunta xeral de manifeste no sentido contrario.

Artigo 8º.-A xunta xeral poderá decidi-la creación de cantas comisións de traballo sexan necesarias para o mellor cumprimento dos fins da asociación.

8.1. As comisións estarán integradas por cantos socios o desexen (agás a comisión de admisión e réxime interior) e reuniranse tantas veces como consideren necesarias.

8.2. De acordo cos artigos precedentes da asociación, unha vez constituída formalmente esta crearase de forma inmediata a comisión de admisión e réxime interior.

Artigo 9º.-A asociación terá o seu domicilio social en Urb. San Saduniño, rúa B,21, Teo (A Coruña). Calquera cambio será comunicado ó SMAC.

Dilixencia: os presentes estatutos foron aprobados pola asemblea xeral constituínte en Santiago de Compostela, 5 de junio de 1998.

6790