Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación da vixilancia e protección do Centro de Atención a Persoas Maiores de Antas de Ulla.

1. Entidad adjudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais, Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do servicio: prestación do servicio de vixilancia e protección do inmoble e predio por 1 vixilante de seguridade non armado as 24 horas do día.

b) Lugar de execución: centro de Atención ás Persoas Maiores de Antas de Ulla.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de execución.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Dous millóns setecentas mil pesetas (2.700.000 ptas).

5. Garantías.

Provisional: 54.000 ptas. (2% do orzamento de licitación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, edificio Pirámide.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771; Telf. 981 54 56 77.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta.

3º Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó do remate da presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10.

10. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

6736