Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación dunha subministración polo trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: subministración e instalación de seus (6) guindastres con destino a diversos portos pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: diversos portos pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de entrega: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata como máximo o 30 de decembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e dous millóns cincuentas mil pesetas (32.500.000 ptas).

5. Garantías.

Provisional: seiscentas cincocentas mil pesetas (650.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702, Santiago de Compostela); Telf. 981 54 63 04, fax nº 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704, Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9 horas do día 7 de agosto de 1998.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados

6737