Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes obras: restauración do muro intradorso entre os cubos LVII e LXII e a consolidación e posta en valor do cubo XLV da muralla romana de Lugo, restauración dos cubos LIV, LVI, LVIII, LIX e LX da muralla romana de Lugo e construcción dun centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade en Chapela-Redondela (Pontevedra).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar,

polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes obras:

-Restauración do muro intradorso entre os cubos LVII e LXII e a consolidación e posta en valor do cubo XLV da muralla romana de Lugo:

-Orzamento de licitación: 27.575.177 ptas. (vintesete millóns cincocentas setenta e cinco mil cento setenta e sete pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Restauración dos cubos LIV; LVI, LVIII, LIX e LX da muralla romana de Lugo:

-Orzamento de licitación: 27.575.179 ptas. (vintesete millóns cincocentas setenta e cinco mil cento setenta e nove pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Construcción dun centro sociocultural, xuvenil e da 3ª idade en Chapela-Redondela (Pontevedra):

-Orzamento de licitación: 96.676.541 ptas. (noventa e seis millóns seiscentas setenta e seis mil cincocentas corenta e unha pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: nove (9) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

-Exposición da documentación: os proxectos técnicos e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natu

ral seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

6755