Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Navallos (Ribeira de Piquín, Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Navallos (Ri

beira de Piquín, Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 8/1996, do 12 de xaneiro, (DOG nº 20, do 12 de xaneiro de 1996), que a xunta local da zona, na súa reunión do 10-6-1998, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Ribeira de Piquín e na zona durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 15 de xuño de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

6804