Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. A Merca-Proente, no concello da Merca. (Expediente IN407A 98/112-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión eléctrica Fenosa, S.A

b) Situación: concello da Merca (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do plano MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 3,209 km de lonxitude en conductor LA-56, derivada desde o apoio existente da L.M.T. A Merca-Proente, e remate no apoio nº 33 da L.M.T. e C.T. de Soutelo.

e) Orzamento: 6.720.241 pesetas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados- os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10.16º e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado ne disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, asi como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicaión realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos

ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 20 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/112. Provincia: Ourense.

L.M.T. A Merca-Proente.Termo municipal: A Merca.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6Fonte do CaboPradoManuel Rodríguez

Garrido

r/Francisco Pizarro 32, 32830 A Merca32320

31A ChairaPradoConsuelo Sampedro Iglesiasr/Piñeiral 5, 32830 A Merca1121261260

32A ChairaMonte altoLucinda Piñeiro RodríguezVilachá-Merca, s/n 32830

A Merca

112880

38Touza dos CidesPradoMª Carmen Iglesias Santosr/García Barbón 107.7º, 36201 Vigo14260600

76QuintelaMonte altoManuel González PérezAvd. Portugal 154, 32002 Ourense22352

5838