Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/55-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Galáns.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aerosubterránea, a 20 kV, de 242 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 11 da L.M.T. Vilagarcía-Cambados ata o apoio 4 da liña que se proxecta aérea, continuando en subterránea ata o C.T. que se proxecta en Galáns, Concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aerosubterránea, de 190 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 30 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 21 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6115