Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. Vilar de Cervos, no concello de Vilardevós. (Expediente IN407A 98/111-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión eléctrica Fenosa, S.A

b) Situación: concello de Vilardevós (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do plano MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV que terá unha lonxitude de 4,516 km en conductor LA-56, co orixe no apoio actual derivación existente a Vilar de Cervos desde L.M.T. Traseirexa- Arzádegos, Terroso e remate no apoio actual existente na L.M.T. Vilar de Cervos e actual derivación a Feces de Cima.

e) Orzamento: 9.169.233 pesetas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados- os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10.16 e 31.5 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado ne disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegar a un acordo amigable coa entidade solicitante, asi como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicaión realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 20 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/111. Provincia: Ourense.

L.M.T. Vilar de Cervos.Termo municipal: Vilardevós.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

22BouzadapalancaMonte altoJosé Fernández Prieto

Irm. Fernández Prieto

Devesa-San Pedro, s/n, 32616 Vilardevós4250500

41ValdascostasMonte baixoComunal de Bustelo

Agustín Gamote Álvarez

Bustelo-Sta María, s/n, 32616 Vilardevós921501500

44RebordelaMonte baixoComunal de Bustelo

Agustín Gamote Álvarez

Bustelo-Sta. María, s/n, 32616 Vilardevós10250500

49RebordelaMonte baixoComunal de Bustelo

Agustín Gamote Álvarez

Bustelo-Sta. María, s/n, 32616 Vilardevós11270700

55RebordelaMonte altoAgustín Gamote ÁlvarezBustelo-Sta. María, s/n, 32616 Vilardevós1421401400

59RebordelaMonte altoIsidro Sotelo Barjar/Rosalia de Castro, s/n, 32006 Verín15286860

68RebordelaMonte altoComunal de Bustelo

Agustín Gamote Álvarez

Bustelo, s/n, 32616 Vilardevós1721351350

140BarreirasMonte baixoDavid Araújo Lorenzor/Xral. Mora 4-1ºA, 36002 Pontevedra29212120

23AValdesendínMonte baixoJosé Fernández Prieto

Irm. Fernández Prieto

Devesa-San Pedro, s/n, 32616 Vilardevós12120

24BVilasendínMonte baixoAntonio Fernández PrietoA Moimenta, s/n, 32614 Vilardevós20200

5582