Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (33/1998-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 33/1998, sobre inxurias e ameazas, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a José Mayo Vieites dos feitos xulgados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e que poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 y 796 da LAC.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, José Mayo Vieites, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto en Noia o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6303