Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (75/1994).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 75/1994, se dictou a sentencia co encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1998, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 75/1994, no que actuaron como demandante Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e asistido polo letrado Francisco A. Rodríguez Gigirey Pérez, e como demandado José Luis Loureiro Villasenín, Isabel Rodríguez Bouzas e Vicente Moreira Sobrido, declarados rebeldes nas actuacións, decido: que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens dos demandados José Luis Loureiro Villasenín, Isabel Rodríguez Bouzas e Vicente Moreira Sobrido, solidariamente ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 258.295 pesetas de principal e xuros moratorios pactados, custas e gastos,

calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 125.000 pesetas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes José Luis Loureiro Villasenín e Isabel Rodríguez Bouzas, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6255