Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (168/1996).

Eu, María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, dou fe de que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 168/1996, se segue xuízo de menor contía sobre nulidade matrimonial, por instancia de Juan Baustista Piñeiro Torrado, hoxe falecido, contra Olga Blanco Galindo, no cal se dictou a seguinte proposta de providencia.

Secretaria Cobas Martínez.

En Noia, o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Visto o estado que manteñen as presentes actuacións e o informe emitido polo Ministerio Fiscal, emprácese os herdeiros descoñecidos e incertos do demandante falecido Juan Bautista Piñeiro Torrado co fin de que no prazo de dez días comparezan en autos mediante letrado e procurador, baixo apercibimento de que, de non o verificaren, se procederá ó arquivo de procedemento sen máis trámite, e sendo descoñecido o domicilio e a identidade dos herdeiros, líbrense edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG.

Así o propoño a súa S.S., do que dou fe. O xuíz. A secretaria.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, e sirva de emprazamento ós herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Bautista Piñeiro Torrado, da que a súa identidade e domicilio se descoñecen, expido, asino e selo o presente edicto en Noia o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6325