Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998, da Dirección Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se procede á adxudicación de bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Galicia.

Por Orde do 3 de marzo de 1998, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, convocáronse 3 bolsas ou axudas económicas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia.

A base sexta da devandita orde atribúelle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller a resolución de adxudicación delas.

Observados os trámites establecidos na orde de convocatoria e á vista da proposta definitiva elevada pola comisión de selección prevista nela,

RESOLVO:

Adxudicárlle-las bolsas ás/ós beneficiarias/os que figuran no anexo á presente resolución:

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a este órgano, de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, no artigo 110.3º e nas disposicións adicionais décima e décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor ó día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1998.

Ana Gallego Castro

Directora do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO

Ana Sánchez Bello. 32.795.455-P.

Carmen Rodríguez Freire. 32.669.769-V.

Ángeles Pérez Fiuza. 32.754.747-X.

6734