Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.152

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xullo de 1998 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios de carreira que reúnan os requisitos que se esixen e especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela), ou ben no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, o funcionario seleccionado non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderanse

declarar desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres dias seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Código do posto: PR.P09.00.002.15770.001.

N.: 30.

C. Espec.: 2.275.968.

Grupo: A.

Corpo: xeral.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Acción Exterior.

Dependencia: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Titulación académica/formación específica: 030: inglés. 032: francés. 523: diploma de directivo.

Código do posto: PR.P09.00.001.15770.010.

N.: 28.

C. Espec.: 1.673.520.

Grupo: A/B.

Corpo: xeral.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Asuntos Comunitarios.

Dependencia: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Titulación académica/formación específica: 030: inglés. 032: francés.

6393