Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Filgia número 1, a favor de Josefa Collazo Ordóñez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Filgia nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 48.

Data da concesión: 8-3-1972.

Data de finalización da última prórroga: 8-4-2002.

Anteriores concesionarios: Enrique Collazo Rial (33.082.433) e Manuel Ordóñez Fernández (33.073.967).

Nova titular da concesión e batea: Josefa Collazo Ordóñez (33.191.058).

A nova titular queda subrogada nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigada ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 25 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

6225