Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 17 de xullo de 1998 Páx. 8.147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 26 de xuño de 1998 pola que se nomea un vocal da mesa provincial de Ourense de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

Os artigos 36 e 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, en concordancia co artigo 80 do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa a nivel provincial en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, que actuará como órgano superior de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estará integrada, entre outros membros, por sete representantes da Administración autonómica.

As normas de organización e funcionamento interno da mesa autonómica da renda de integración social publicadas no Diario Oficial de Galicia con data do 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, no Diario Oficial de Galicia do 14 de abril de 1997 faise pública a composición das mesas autonómica e provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia. Posteriormente foille comunicada a esta consellería proposta da Dirección Xeral de Servicios Sociais, acordando substituír un dos actuais vocais representantes da Administración autonómica.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear en representación da Administración autonómica a José Selas Souto, secretario da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Ourense, vocal titular da mesa provincial de Ourense de control e seguimento da renda de integración social de Galicia, en substitución de Paulino González Rodríguez.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais,

encargado do despacho por ausencia do seu titular

(Decreto 173/1998, do 18 de xuño, DOG do día 19)

6398