Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das obras que a continuación se detallan:
1. Alargamento e mellora C.P. Marín-Penizas, PO-5201 (Marín): 14.000.000 de ptas.
2. Alargamento e mellora C.P. Aldán-Madanela, PO-5602 (Cangas): 12.000.000 de ptas.
3. Alargamento e mellora C.P. Cuntis-Cequeril, PO-3201 (Cuntis): 14.000.000 de ptas.
Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, agás as nº 4, 7, 8, 9 e 10. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación para tódalas obras.
Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.
Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.
Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.
Pontevedra, 25 de xuño de 1998.
O presidente
Rubricado
O secretario
Rubricado
6706