Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.124

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ROF CODINA

ANUNCIO do 30 de xuño de 1998 polo que se fai pública a convocatoria para a contratación dun técnico auxiliar de mantemento para a Fundación Rof Codina (FRC).

Por resolución da Dirección Xerencia da Fundación Rof Codina, o 30 de xuño de 1998 anúnciase concurso público, a través de expediente ordinario, para a contratación dunha praza de técnico auxiliar de mantemento para a FRC. O prazo de recollida das bases e presentación das solicitudes rematará o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio. Para consulta-las bases, solicitar información e presenta-la documentación, os interesados deberán dirixirse á Fundación Rof Codina, estrada da Granxa, s/n. 27002 Lugo. Tfno.: 982 28 59 28. En Lugo, 10 de xullo de 1998.

José Manuel Piñeiro Somoza

Director xerente da Fundación Rof Codina

6799