Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante concurso, da obra C.P. PO-1205 Berredo-Ponte Ramil, de fondos propios 1998.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra

C.P. PO-1205 Berredo-Ponte Ramil, de fondos propios 1998, por importe de 15.736.560 pesetas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación para tódalas obras.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir de seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 25 de xuño de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

6299