Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO da licitación do expediente da subministración do equipamento da casa do concello.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipamento da casa do concello.

b) Lugar de execución: no concello de Vilaboa.

c) Prazo de execución.

-Dentro do mes seguinte ó asinamento do contrato, equipamento por importe de 1.000.000 de ptas. no ano 1998.

-No mes de xaneiro, equipamento por importe de 1.000.000 de ptas. no ano 1999, e por importe de 8.000.000 de ptas. no ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 200.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: r/ Toural 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría): non se esixe.

b) Outros requisitos: artigo 7.2 do prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio (publicarase no BOP e mais no Diario Oficial de Galicia).

b) Documentación que hai que presentar.

b.1. Copia compulsada do DNI do licitador (persoas físicas ou empresarios individuais), escritura de constitución e, se é o caso, modificación da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas).

b.2. Copia compulsada da escritura do poder se se actúa en representación.

b.3. Declaración xurada do licitador na que se afirme, baixo a súa responsabilidade, non atoparse incurso en ningunha prohibición de contratar de conformidade cos artigos 15 e 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nin en ningunha causa de incompatibilidade segundo a normativa vixente, en concreto a Lei 25/1983, do 26 de decembro (segundo relación dada pola Lei 12/1995, do 11 de maio).

b.4. Certificado (ou copia compulsada do recibo) que acredite o pagamento do último ano do IAE (cota nacional, provincial ou do municipio de Vilaboa).

b.5. Certificado da Tesourería Xeral da SS.SS. de estar ó día no cumprimento das súas obrigas coa SS.SS. expedido polo órgano competente e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do R.D. 390/1996, do 1 de maio.

b.6. Certificación do Ministerio de Facenda de atoparse ó día no cumprimento das súas obrigas tributarias expedido polo órgano competente e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do R.D. 390/1996, do 1 de maio.

b.7. Certificación expedida pola Intervención Municipal de que non existen débedas de natureza tributaria co Concello, nas condicións previstas no parágrafo b do artigo 7.1º do R.D. antes citado.

b.8. Xustificante de constitución da garantía provisional constituída de acordo co previsto no artigo 18 do texto normativo antes citado e de acordo cos modelos previstos nos anexos 2, 3, 4 e 5.

b.9. Xustificación da solvencia económica e financeira por algúns dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

b.10. Xustificación da solvencia técnica por algún dos medios previstos no artigo 18º da lei antes citada.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

9. Apertura das ofertas.

Data: terá lugar o terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida este en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil), ás 12 horas, no salón de plenos do concello.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso.

1. Mellor calidade dos bens subministrados: 0,40 puntos.

2. Menor prazo na entrega da subministración con referencia ó mes e ó ano: 0,39 puntos.

3. Mellora das condicións ornamentais e funcionais: 0,21 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: durante oito días seguintes ó da última publicación (publicarase no BOP e mais no Diario Oficial de Galicia) deste anuncio.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 15 de xuño de 1998.

P.D.

Mª Fernanda Blanco Fernández

Concelleira-delegada

6251