Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO da licitación do expediente de contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acceso a núcleos en Vilaboa: Pousada, Nores e outros.

b) Lugar de execución: Pousada, Nores e outros (Vilaboa).

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.354.835 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 147.097 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría), non se esixe.

b) Outros requisitos: artigo 7.2º do prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio (publicarase no BOP e máis no Diario Oficial de Galicia).

b) Documentación que hai que presentar.

b.1. Copia compulsada do DNI do licitador (persoas físicas ou empresarios individuais), a escritura de constitución e, se é o caso, modificación da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil (persoas xurídicas).

b.2. Copia compulsada da escritura do poder se se actúa en representación.

b.3. Declaración xurada do licitador na que se afirme, baixo a súa responsabilidade, non atoparse incurso en ningunha prohibición de contratar de conformidade cos artigos 15º e 20º da Lei 13/1995, do 18 de maio, nin en ningunha causa de incompatibilidade segundo a normativa vixente, en concreto a Lei 25/1983, do 26 de decembro (segundo relación dada pola Lei 12/1995, do 11 de maio).

b.4. Certificado (ou copia compulsada do recibo) que acredite o pagamento do último ano do IAE (cota nacional, provincial ou do municipio de Vilaboa).

b.5. Certificado da tesourería Xeral da SS.SS. de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa SS.SS. expedido polo órgano competente e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do R.D. 390/1986, do 1 de maio.

b.6. Certificación do Ministerio de Facenda de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias expedido polo órgano competente e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do R.D. 390/1996, do 1 de maio.

b.7. Certificación expedida pola Intervención Municipal de que non existen débedas de natureza tributaria co concello, nas condicións previstas no parágrafo b do artigo 7.1º do real decreto citado.

b.8. Xustificante de constitución da garantía provisional constituída de acordo co previsto no artigo 18º do texto normativo antes citado e de acordo cos modelos previstos nos anexos 2, 3, 4 e 5.

b.9. Xustificación da solvencia económica e financeira por algúns dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

b.10. Xustificación da solvencia técnica por algúns dos medios previstos no artigo 18 da lei antes citada.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

9. Apertura das ofertas.

Data: terá lugar o terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida este en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil), ás 12 horas, no Salón de Plenos do Concello.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso.

1º Mellora da calidade dos materiais que se van empregar na execución das obras respecto dos proxectados: 0,27 puntos.

2º Mellora dos tipos de firmes e pavimentos proxectados para as reposicións: 0,25 puntos.

3º Proposta de incremento das superficies que hai que repoñer afectadas polas gabias (tratando, se é posible, de uniformar co mesmo pavimento toda a sección de camiños polo que transcorran as trazas de encanamento que se vai instalar) e /ou incremento das unidades de obra que sei vai executar: 0,24 puntos.

4º Experiencia na execución de obras similares por parte da empresa licitadora con detalle da maquinaria propia e medios auxiliares dispoñibles para a execución das obras: 0,24 puntos.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: durante oito días seguintes ó da última publicación (publicarase no BOP e máis no Diario Oficial de Galicia) deste anuncio.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 15 de xuño de 1998.

P.D.

Mª Fernanda Blanco Fernández

Concelleira-delegada

6245