Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de urbanización do ámbito da U.A. 11 As Roteas-Coruxo (expediente 4062/401).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do cinco de xuño de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización no ámbito da U.A. 11 As Roteas (Coruxo), redactado polos arquitectos Manuel Bouzas Cavadas, Antonio Larrondo Lizarraga e Eduardo Pérez-Izaguirre López, e promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997 do solo de Galicia, significando que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes da derradeira publicación.

O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 22 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

6250