Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 15 do expediente de emenda de deficiencias do PXOU de Vigo para ampliación da zona de servicios urbanos e institucionais en Coia (expediente 4453/411).

O Pleno deste Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 29 de maio de 1998, acordou aprobar

definitivamente a modificación puntual nº 15 do expediente de emenda de deficiencias do PXOU de Vigo para ampliación da zona de servicios urbanos e institucionais en Coia, elaborada polos servicios técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, de conformidade coa documentación que foi obxecto de aprobación inicial, coas correccións derivadas da estimación da alegación presentada no período de información pública.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 16 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

6150