Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (39/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 11 de xuño adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente as alegacións de Odilo Díaz Fernández, José Carlos Hernán Marín, Enrique López Turia, José Carrillo González e Celia Blanco Cofán, con base nos informes dos Servicios de Arquitectura e Enxeñería e do departamento de Xestión e Promoción Urbana que se trasladarán ós interesados para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente por instancia de Antonio Guedella Álvarez, o proxecto de urbanización do SU-5 zona 10 do PXOU de Ourense, condicionada á previa constitución de garantía polo importe de 28.800.000 ptas., vinteoito millóns oitocentas mil pesetas (para a primeira fase) e de 4.110.000 ptas., catro millóns cento dez mil pesetas (para a segunda fase) co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 19 de xuño de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

6021